Empresa

Polemel é unha pequena empresa que coida con agarimo ó redor de 300 colmeas para producir artesanalmente e ca axuda de toda a familia o mellor mel, pole e propóleo ecolóxico.

A nosa andaina remóntase a principios dos 90, cando nos fomos introducíndo no mundo da apicultura e gañando ó longo do tempo experiencia. Foi nos primeiros anos dos 2000 cando nos establecemos profesionalmente e obtemos a certificación de produtores ecolóxicos.

Decidimos optar pola produción ecolóxica pola importancia de coidar do noso medio. Tamén para que todos aqueles que opten polos nosos productos o fagan ca confianza de quen son produtos controlados e analizados, libres de calquera impureza ou contaminante. 

Desta maneira, seguimos cada ano a ofrecer os mellores productos das nosas abellas obtidos artesanalmente cunha calidade excelente e sabores intensos.