Pole de Toxo

Estes días as nosas abelliñas andan atarefadas recollendo pole de toxo. Este pole, caracterízase por ter unha cor coma o bronce, xa que ten unha alta concentración de carotenos. É por isto, que é estupenda para a vista e para conseguir un bo bronceado.

Lembra que aínda estás a tempo para conseguir algo deste pole en fresco e así poder disfrutar de todas as súas propiedades. Ademais, podes coller en cantidade e gardalo conxelado na túa casa, xa que así podes telo conservado por ata un ano. Así, só teras que ir sacando apra a nevera o que vaias precisando.