Chegou o tempo do pole

Xa contamos co pole da nova campaña!



Logo do longo inverno e comezo chuvioso da primavera, por fin luciu o sol, e con maio chegaron moitas flores das que as nosas abellas están a recoller pole. Desta maneira, é o momento ideal de aprobeitar para adquirir pole recén colleitado.

A opción do pole fresco é ideal para aqueles consumidores habituais que se animen a almacenalo no conxelador, tendo reservas para varios meses aseguradas. É tan sinxelo como ir sacando cada semana a cantidade desexada para o frigorífico e listo.

Recorda podes pedrinos o noso pole ecolóxico directamente, mandarémoscho a casas en 24 horas ; )